Sesións de asesoramento para PEMES

Data de inicio
01/05/2020
Descrición datas e horarios
Entre maio e xullo de 2020
Descrición

Dende a EOI, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, organizan con financiación do Fondo Social Europeo un programa cunha serie de actividades formativas e de asesoramento abertas e gratuítas para contrarrestar os efectos da pandemia nas pemes. En colaboración coa Xunta de Galicia, dende o Ministerio préstase un servizo de asesoramento personalizado a persoas emprendedoras, PEMES oU autónomos, co obxectivo de minimizar o impacto da crise do COVID-19. Profesionais especializados analizarán, xunto aos participantes, as súas empresas e modelos de negocio e desenvolverán un plan estratéxico de impulso e mellora, axustado as súas necesidades.