Socalcos do Ribeiro. Quenda de tarde. PRAZAS ESGOTADAS

Número de prazas
8
Lugar de celebración
Ribadavia (Ourense)
Data de inicio
03/01/2026
Descrición datas e horarios
3 de xaneiro de 16:30 a 19:00 horas
Descrición

Impartido por Madejas Tejerlo.

Gustaríache aprender a tecer unha peza chea de historia, paisaxe e sabor a vendima? Convidámoste a un taller moi especial inspirado na tradición vitivinícola de Ribadavia e nos seus emblemáticos socalcos, esas terrazas onde, desde hai séculos, cultívase a uva que dá vida ao viño Ribeiro. Aprenderás a tecer unha peza estilo dengue do traxe galego —aínda que sen chamalo chal para manter a sorpresa— seguindo un deseño creado especialmente para este taller: “Socalcos do Ribeiro”. Unha homenaxe téxtil á orografía que abraza o río, á cultura do viño e ao traballo da colleita. Todo o material está incluído, así que só necesitas vir con ganas de gozar. Non fai falta experiencia previa: os puntos utilizados son moi sinxelos, perfectos para quen ten coñecementos básicos. En só unha sesión levarasche o teu labor moi avanzada, lista para terminar tranquilamente en casa.

Prezo: 15€