Tecendo Futuros. Prácticas Téxtiles Contemporáneas

Lugar de celebración
Espazo Vilaseco - San Cristovo de Mouricios, 2 (Chantada, Lugo)
Data de inicio
08/09/2023
Descrición datas e horarios
Prezo xeral: 50€
Prezo reducido para obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia: 40€
Descrición

A Fundación Artesanía de Galicia organiza as “Xornadas Tecendo Futuros: Prácticas téxtiles contemporáneas” coa colaboración do Espazo Vilaseco  e comisariadas por Lala de Dios , que terán lugar no Espazo Vilaseco en San Cristovo de Mouricios no Concello de Chantada (Lugo) durante os días 30 de setembro e 1 de outubro, e nas que se abordarán os oficios e o traballo de diferentes creadores vinculados ao ámbito téxtil dende perspectivas moi diversas, dende a relación do téxtil coa moda, coa ciencia, a arte téxtil, os novos materiais ou os materiais máis tradicionais vinculados a zonas xeográficas concretas.
A través destas Xornadas, a Xunta pretende presentar o panorama da situación actual das prácticas téxtiles contemporáneas, resaltar a súa heteroxeneidade e riqueza, que non sabe de límites e permite case tantos enfoques coma talleres. As e os participantes nas xornadas reciclan retos da industria para crear produto con valor engadido, recrean os quipus incas a partir dos algoritmos de Facebook, crean arte minimalista bordando con abelorios, arroupan a cantantes de ópera e actrices, fan versións do traxe de faralaes con gancho, recuperan os saberes tradicionais asociados á produción de fibras téxtiles locais, colaboran con creadores doutros ámbitos, etc.