Número de prazas
8
Lugar de celebración
A Carbiña - Parada (Folgoso do Courel)
Data de inicio
05/08/2026
Descrición datas e horarios
Datas: do 5 ao 9 de agosto
Horario: 11:00 -13:30 / 16:00 – 18:00
Horario: 11:00 -13:30 / 16:00 – 18:00
Descrición
Impartido pola artesá Dolores García do obradoiro Logaro - Ourense
Da inspiración dos traxes de danza galegos nace esta peza: un chal tecido en mohair e gancho, livián, cálido e cheo de historia.
A docente guiará ao longo dos cinco días que dura o obradoiro(22.5h) ás persoas asistentes paso a paso nun proceso artesanal cheo de ritmo, textura e técnica. Aprenderán puntos e acabados inspirados nas danzas rexionais, mentres descobren o valor do tempo, do fío e do xesto.
Requírese un nivel intermedio ou avanzado de traballo co gancho.
Prezo: 40€