Técnicas complementarias ao oficio tradicional das redeiras: corte e confección

Número de prazas
12
Lugar de celebración
Santiago de Compostela
Data de inicio
29/11/2019
Descrición datas e horarios
Do 29 de novembro de 2019 ao 19 de xaneiro de 2020.
Descrición

Impartido pola artesá María José Martínez , esta formación de 70 horas, obedece á necesidade dunha mellora continua nos acabados dos produtos elaborados grazas ao coñecemento e práctica de técnicas básicas de corte e confección: ganduxar, cosido de botóns, cremalleiras e aplicación de fornituras, cosido á máquina e utilización correcta dos diferentes tipos de prensateas, marcado e corte das teas coa axuda de patróns e coñecemento básico dos tecidos.