Técnicas de cestería experimental

Número de prazas
20
Lugar de celebración
Os Casares, San Cristovo de Mouricios (Chantada, Lugo)
Data de inicio
05/06/2026
Descrición datas e horarios
Datas: Do 5 ao 7 de xuño
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas (o domingo tan so pola mañá)
Descrición

Impartido por Jette Mellgren e Jan Johansen.

Os docentes teñen unha práctica baseada nun compromiso persoal coa paisaxe para resaltar o potencial da natureza. Crean obxectos fantásticos e escultóricos que van máis alá das formas conceptuais. O seu traballo xorde da súa relación coa natureza, realizando un traballo que celebra e transmite a esencia do que experimentan no mundo natural. Neste obradoiro Jan Johansen enfocarase na elaboración de estruturas decorativas e funcionais e, pola súa banda, Jette Mellgren adentrarase nas técnicas de tecido de Uganda e o traballo con cortiza de vimbio.

Na solicitude débese achegar un CV ou biografía profesional xunto cunha carta de motivación.

Prezo: 75€ (inclúe xantar)