Técnicas de conformado de sombreiros de feltro
Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
No marco dos Días Europeos da Artesanía e integrado no proxecto Menestralía, dirixido por Espacio Hylica (achegamos todas as actividades e talleres deste proxecto en "ligazóns") organizamos este curso impartido por Nina Pawlowsky, mestra sombrereira e presidenta da Asociación Española de Sombreirería.
Neste curso dirixido a profesionais comezaremos cunha pequena presentación e explicación dos diversos aprestos naturais, como son a goma laca, a xelatina ou cola de peixe e goma arábiga. Este tipo de aprestos, están dirixidos especialmente á sombreirería teatral, aínda que non difiren dos empregados fóra da escea.
A continuación, repartiremos os moldes e os feltros previamente aprestados e reposados e procederemos a conformar os nosos sombreiros. Durante o proceso de secado do conformado, cada alumno preparará os seus propios adornos cos materiais que desexe empregar para rematar o sombreiro: plumas, frores, tule, veo etc.
O segundo día desmoldaremos os sombreiros, recortarémolos, modificaremos e coseremos a cinta de entrada. A continuación, engadiremos os adornos que teñamos creado e remataremos o noso sombreiro, engadendo se fixera falla, algún tipo de suxeción.
Materiais que deben aportar as persoas asistentes:
- Papel e lapis
- Delantal
- Luvas de goma (a quen lle faga falla)
- Kit de costura con:
Fíos, a poder ser Mara 70 (máis groso que o de cotío pero non tanto como o torzal)
Agullas de coser e alfinetes
Tesoiras para papel e para téxtil
Cinta métrica
- Elementos decorativos para o sombreiro, como plumas, frores, veo, tule, cintas etc... (A profesora aportará tamén elementos para realizar os adornos).