Técnicas de felpado ou gorullo
Número de prazas
8
Lugar de celebración
Os Pendellos (Agolada, Pontevedra)
Data de inicio
07/07/2023
Descrición datas e horarios
Do 7 ao 9 de xullo de 2023
De 11h a 14h e de 6h a 21h
De 11h a 14h e de 6h a 21h
Descrición
Impartido por Miriam Fernández do obradoiro Fusaiola.
Técnica tradicional de tecido en bucles utilizado principalmente para decorar con debuxos en relevo colchas de la, liño, algodón. En menor medida, o felpado tamén se empregaba para outras pezas como alfombras, toallas ou manteis. As persoas asistentes aprenderán a tecer e a empregar as técnicas básicas do gorullo mediante o emprego de teares de sobremesa de peite ríxido, nos cales montarán unha urda de algodón e tecerán con la de cores varios debuxos con esta técnica. Dirixido a profesionais e público en xeral interesado no téxtil, terán prioridade os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Prezo matrícula: 35€