Técnicas de volume con coiro

Número de prazas
8
Lugar de celebración
Os Pendellos, Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
08/07/2022
Descrición datas e horarios
Datas: 8, 9 e 10 de xullo de 2022
Horario: 11:30 a 14:00 / 16:00 a 21:30
Descrición

Impartido por José Luis Bazán - Ubrique (Cádiz)

Neste curso aprenderase a dar diversas formas a este material a través dunha das técnicas pola que o mestre artesán do coiro, José Luis Bazán, é recoñecido a nivel internacional. Premio Nacional de Artesanía 2021, o docente compartirá os seus coñecementos sobre o material, as súas variedades e como dar forma a diversos obxectos de coiro a partir de moldes feitos de madeiras, rocas e outros elementos.

Dirixido a profesionais do coiro, as persoas asistentes deben levar martelo, puntillas finas de 2 ou 3 cm, pata de cabra, brocha, tenaces e cúter.

Número de alumnos: 8  /  Prezo: 50 euros