Trenzado en coiro (PRAZO INSCRICIÓNS PECHADO)

Número de prazas
8
Lugar de celebración
Os Pendellos (Agolada, Pontevedra)
Data de inicio
07/07/2023
Descrición datas e horarios
Do 7 ao 9 de xullo de 2023
De 11h a 14h e de 16h a 21h
Descrición

Impartido por Isaac Romero do obradoiro Coiraxe.

Este curso comenzará cunha introdución ao trenzado onde as persoas participantes farán e biselarán as súas propias tiras de coiro que empregarán para elaborar inicialmente un chaveiro. Coa técnica aprendida traballarase nunha estrutura de pasador de volta e media cun aumento e dous retecidos pluma cunha segunda cor sobre o mango dunha ferramenta.

Dirixido a profesionais e público en xeral interesado na marroquinería, terán prioridade os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Cada asistente deberá achegar as seguintes ferramentas: superficie de corte, cutter, sacatiras(ou sacatentos), bisturí, punzón ou punzón de trenzado, agullas
para coser con tireta, agullas de fío, plegadeiras e varios pinceis e trapos para aplicar antique e o remate.

Prezo matrícula: 35€