Urban Sketching - Caderno en movemento: Un acordeón de cores
Número de prazas
20
Lugar de celebración
Agolada (Pontevedra)
Data de inicio
05/07/2025
Descrición datas e horarios
Sábado, 5 de xullo: 11:00 - 14:00 + 16:00 - 21:30
Domingo, 6 de xullo: 11:00 - 13:00
Domingo, 6 de xullo: 11:00 - 13:00
Descrición
Impartido por Catalina Rodríguez - Lugo
Neste obradoiro, co caderno en acordeón como fío condutor, traballarase a figuración en movemento de diferentes escenas recreando artesáns, pezas, compradores e a arquitectura dos pendellos que enmarca o Corazón da Artesanía. As persoas asistentes que o desexen poderán presentar os seus acordeóns ao concurso no que se premiarán os dous mellores traballos avaliados polo xurado. Os participantes deben traer lapis, cores, rotulador, acuarelas ou gouache, pincel de auga, caderno en formato acordeón de tamaño 13x21 cm e gramaxe non inferior a 220 gramos.
Número de prazas: 20 / Prezo: 25 euros