Horario: 10 a 14 e de 16 a 20 horas (domingo pola mañá)
Docente: Ana Felipe
https://www.anafeliperoyo.com/
Prezo matrícula: 35€
Contido:
O curso constará de programación teórica e práctica, alternando o tempo entre as probas e fornadas, coas explicacións teóricas. É un curso de investigación no que faremos moitas mostras, pero non pezas.
Falaremos da función das pezas utilitarias e as características tanto formais e de deseño como funcionais e técnicas que debemos ter en conta.
Explicaranse os fundamentos básicos para poder realizar os nosos propios vidrados de alta temperatura. O plantexamento é aprender a realizar as nosas bases de vidrados a partir de materias non tóxicas, comprendendo o comportamento e función dos materiais.
Faremos mostras que nos fagan entender o funcionamiento dos vidriados e as súas características, así como diferentes formas de aplicación e recursos para sacarlles o máximo partido.
Realizaremos fornadas de alta temperatura explicando detidamente os pasos e curvas de cocción. Unha vez obtidas as mostras aprenderemos a deducir cales son os acabados máis estables e funcionais para as vaixelas.
Entregarase documentación de todo o traballado durante o curso, recopilando todas as mostras e exercicios. Ademais irán acompañadas de tablas comparativas de estabilidade de vidrados de alta temperatura e documentación sobre a toxicidade no obradoiro de cerámica.
IMPORTANTE: Coa solicitude é preciso achegar unha bio ou currículo e unha carta motivacional.