Xestión operativa, comercial e financeira das empresas artesanais

Lugar de celebración
Online
Data de inicio
01/03/2021
Descrición datas e horarios
As sesións celebraranse os días 1,3,8,10,15,17,22,24,29 e 31 de marzo de 18:00 a 21:00 horas.
Descrición

Impartido pola empresa de consultoría Implicatum, o curso desenvolverase en formato online.

Nº de prazas: 20

Contido do programa:

A xestión de operacións:
- Xestión de Compras Eficiente: optimización de compras e recursos
- Xestión de Provedores
- Xestión da Produción e os Recursos
- Xestión da Calidade
 
A xestión comercial
- Xestión de vendas e operacións
- Selección de clientes e canles
- Establecemento dunha estratexia de prezos
- Xestión estratéxica de distribución e canles de venda
- Xestión do cliente e políticas comerciais
 
A xestión eco-financeira
- Ferramentas para a xestión financeira
- Análise de gastos e ingresos
- Análise de previsións
 

Criterios de selección: Teñen prioridade os titulares de obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e a continuación as persoas con carta de artesá/n pero que non conten con obradoiro inscrito. Terase en conta a orde de chegada das solicitudes. 

As persoas que confirmen asistencia, unha vez se lles comunique o listado de aceptados, comprométense a asistir a todas as sesións agás por motivos de forza maior debidamente xustificados. De non ser así, isto será motivo de non aceptación en vindeiras accións formativas.