Xornadas "Oficio, arquitectura e territorio"
As xornadas Oficio, arquitectura e territorio buscan crear un espazo de encontro entre a arquitectura e os oficios ligados á construción, así como incidir na relación das culturas construtivas locais co carácter propio de cada paisaxe e de cada territorio: dende as texturas e as cores achegadas polos materiais e sistemas vernáculos ata a propia forma de configuralos para diversos usos por medio de estruturas e edificacións de todo tipo: muros, edificios, bancais, pontes, canles, etc. Oficio, arquitectura e territorio cando van da man, permítennos construír, manter e actualizar as paisaxes e conxuntos que máis apreciamos, os lugares que queremos conservar e legarlle ao futuro, e fano adaptándose -sen perder a súa esencia- a sucesivos cambios culturais, técnicos e socioeconómicos. Por iso, destacar o valor desta tríade ten hoxe, nun mundo en acelerada transformación, maior relevancia ca nunca. O programa estrutúrase nunha serie de diálogos temáticos que poñerán o foco sucesivamente na colaboración en obras actuais entre arquitectos e mestres da construción, nas conexións entre os oficios e a identidade de cada comunidade, na transmisión do coñecemento propio dos oficios na actualidade e no vínculo existente entre este tipo de traballos e o lugar no que se desenvolven.
Prezo inscricións*: 75€ (Prezo reducido de 60€ por asistente para obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia). A inscrición dálles dereito a asistir aos dous días de duración das xornadas, á documentación e ao agasallo de benvida e aos servizos de restauración que se facilitarán para a comida e para os descansos previstos na programación.
Lugar: San Cristovo de Mouricios (Chantada, Lugo) 42º 37’ 60.0’’ N 7º 50’ 31.5’’ W
Organización: Fundación Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia @artesania_de_galicia
Comisariado: Alejandro García Hermida @almenara.arch
Colaboracións: Espacio Vilaseco @galeriavilasecolab e Fundación Culturas Constructivas Tradicionales @culturasconstructivas
*Ata completar aforo
PROGRAMA XORNADAS
Sábado 26 de setembro
10:00 - 10:30 h. Recepción e acreditación dos participantes
10:45 h. Inauguración
11:00 - 11:30 h. Presentación das xornadas e dos seus obxectivos.
Alejandro García Hermida (Madrid). Comisario das Xornadas e Director da Fundación Culturas Constructivas Tradicionales
11:30 - 12:00 h. Presentación a cargo de Fernando Cerqueira Barros (Arcos de Valdevez, Portugal)
12:00 - 12:30 h. Descanso café
12:30 - 14:30 h. MESA OFICIO E TRANSMISIÓN DO COÑECEMENTO
Manuel Monteserín (O Bierzo)
Paco Luis Martos e Florencia Iracema (Úbeda, Jaén)
Miguel Ángel Tapia e Guillermo Bornstein
Modera: Lala de Dios (Madrid). Tecedeira, historiadora e comisaria de exposicións
15:00 - 16:30h. Comida
17:00 - 19:00 h. MESA OFICIO E ARQUITECTURA
Max Rutgers e Oriol Roselló (Girona)
Estudio Correoviejo. Ana Beltrán e Eva Sanjuán (Valencia)
Modera: Carlos Jiménez Cenamor (Murcia). Arquitecto e ceramista
Domingo 27 de setembro
10:00 - 12:00 h. MESA OFICIO E IDENTIDADE
Luis Prieto (Madrid)
Arrokabe Arquitectos. Iván e Óscar Andrés Quintela (Santiago de Compostela)
Jesús Adeva (Toledo)
Modera: Raquel Buj (Madrid). Arquitecta e investigadora de materiais
12:00 - 12:30 h. Descanso café
12:30 - 14:00 h. MESA OFICIO E LUGAR
María Fandiño (Vigo)
Pau de Pedra. Octavio Vázquez (Lugo)
Xosé Calviño Doval (Pontevedra)
Celsa Pesqueira Sánchez (Pontevedra)
Modera: Alejandro García Hermida. Comisario das Xornadas e Director da Fundación Culturas Constructivas Tradicionales
14:00 - 14:30h. Conclusións e peche das Xornadas.
Rebeca Gómez-Gordo Villa, Arquitecta e directora de Proxectos da Fundación Culturas Constructivas Tradicionales
14:30 - 16:00 h. Comida