ARTESANÍA, SABER E SABOR

ARTESANÍA, SABER E SABOR

Lugar de celebración
Ribadavia
Descrición datas e horarios
Artesanía, Saber e Sabor, é un mercado de Nadal que terá lugar os días 5, 6, 7 e 8 de decembro de 2025.
Horario: 11:00 - 14:00 h e 16:00 - 20:00 h (o venres 5 só horario de tarde)
Descrición

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia e en colaboración coa Consellería de Medio Rural vai organizar en Ribadavia (Ourense), o mercado Artesanía SABER E SABOR 2025. Na Igrexa da Santa María Magdalena instalaremos 10 postos para os expositores da marca Artesanía de Galicia onde venderán directamente ao público. Poderán participar, de xeito gratuíto, os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, sempre que estean ao corrente de pagos con Facenda e coa Seguridade Social.

Coindindo ca posta en marcha do programa Vilas Vivas de recuperación de baixos do barrio histórico e activación do comercio adicaremos algúns destes espacios para postos de venda dalgúns dos obradoiros seleccionados.

Os obradoiros artesáns interesados en participar neste evento deberán achegar na solicitude de participación, a seguinte documentación:

  1. Certificado que acredite estar ao corrente coas obrigacións coa Seguridade Social
  2. Certificado de estar ao corrente coas obrigacións tributarias (AEAT)
  3. 5 fotografías de pezas realizadas polo obradoiro e que estarían á venda

 

Documentos