Artesanía de Galicia participa no proxecto Crafts Code do programa europeo Interreg Europe
A xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou na sede da EOI Escuela de Organización Industrial (Madrid) na primeira reunión de stakeholders do proxecto Crafts Code, que se enmarca no programa europeo Interreg Europe. O obxectivo deste grupo de expertos é identificar prácticas innovadoras nos modelos e procesos de negocio do sector artesán.
Co proxectoCRAFTS CODE, acrónimo en inglés de CReative Actions For Tailoring Smes' COmpetitive DEvelopment (accións creativas para adaptar o desenvolvementocompetitivo de pemes), preténdese mellorar a competitividade das pemes nosector da artesanía mediante o desenvolvemento dun marco que estimule políticas formativas e actividades de formación continua en colaboración con todos os stakeholders, así como mellorar a implementación de políticas e programas de desenvolvemento rexional que apoien as pemes en todas as etapas do seu ciclo de vida para fomentar e impulsar o seu crecmento e promover a innovación.
Máis información do programa na seguinte ligazón: https://www.eoi.es/es/empresas/emprendedores/crafts-code