Artesanía de Galicia presenta no seminario europeo do programa Crafts Code o proxecto "Artesanía no Prato"

No marco do proxecto europeo Crafts Code, Fundesarte celebrou hoxe o primeiro seminario temático interrexional no que se presentaban ao público europeo dúas iniciativas españolas como exemplo de boas prácticas no eido da artesanía.

Unha delas foi o proxecto "Artesanía no prato" desenvolvido desde 2013 pola Fundación Pública Artesanía de Galicia para poñer en contacto a artesanía, o deseño e a gastronomía de cara a conseguir un maior valor engadido entre ambos setores.

Máis información na seguinte ligazón: https://www.interregeurope.eu/craftscode/news/news-article/8549/fundesarte-presents-at-1st-crafts-code-its