Conde sinala en Pontevedra que a artesanía galega é unha suma de tradición, vangarda e talento que se adapta ás novas tendencias

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe na súa visita en Pontevedra á mostra Os Roteiros da forma que esta exposición demostra que a Artesanía de Galicia é unha suma de tradición, vangarda e talento que se adopta ás novas tendencias e mercados. Apuntou así mesmo que o sector é non só dunha vía para preservar o patrimonio cultural, artístico e etnográfico, senón un que proxecta ao resto de mundo os valores da Marca Galicia: innovación, calidade e sustentabilidade.

A Xunta – a través da Fundación Artesanía de Galicia – organiza ata o 26 de marzo xunto coa Fundación RAC esta escolma que busca reflectir as converxencias entre a artesanía e as artes visuais contemporáneas e na que participan 14 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.