A Xunta aposta pola artesanía galega na Feira Galega de Artesanía en Ferrol

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá, xunto á concelleira de Turismo, María Carmen García, á inauguración da Feira Galega de Artesanía na praza da Constitución, na que participan 16 postos.

A cita é unha máis das apostas da Xunta pola comercialización do produto artesán galego e pola posta en valor da marca Artesanía de Galicia, desta vez a través dunha colaboración coa Asociación Galega de Artesáns (AGA) para a programación de distintas feiras de artesanía en diferentes puntos da comunidade, sendo Ferrol a primeira parada.