A Xunta destaca en Ourense o valor engadido da marca Artesanía de Galicia

  • O delegado territorial, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a 25 edición da Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra na Rúa do Paseo ata o domingo 1 de maio
  • Nesta edición que participan 17 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía especializados no traballo do coiro, da cerámica, da xoiería, dos arranxos florais, da bixutería, do téxtil e dos complementos de moda

O delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a 25 edición da Feira de Artesanía de Ourense, organizada pola Asociación de Artesáns de Ourense, coa colaboración da Xunta. Na mostra, que se celebra ata o domingo 1 de maio, poderase atopar o traballo de 17 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados no traballo do coiro, da cerámica, da xoiería, dos arranxos florais, da bixutería, do téxtil e dos complementos de moda. 

A través deste tipo de iniciativas, a Xunta apoia a comercialización do produto artesán galego, a divulgación dos nosos oficios artesanais e o valor engadido da marca Artesanía de Galicia. Os obradoiros que participan nesta 25 edición da Feira de Artesanía de Ourense son Suso Calo – Lobo Tolo (Moaña), Tu Coiro (Maceda), Amorei (Soutomaior), Bangus (Ourense), Silvereira (Ames), Chueco (A Coruña), Mario López (Vigo), La tienda de Geli (Cambre), Xakaranda (Marín), Noga Arts Joyería Artesanal (Santiago de Compostela), Mestura de Kores (Vigo), Paznavas (A Coruña), Taller Viola (Oza dos Ríos), Xabier Artesanal (Pereiro de Aguiar), Cerámica Ferreira (Vigo), Las flores de Greta (Gondomar) e Rosa Fraíz (Vilagarcía de Arousa). 

A mostra está aberta na Rúa do Paseo de Ourense, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.