Premios Artesanía de Galicia 2017

Categorías:

•    Premio Artesanía de Galicia 2017. Dotación de 6.000 € e trofeo acreditativo.
•    Premio Traxectoria 2017. Sen dotación económica e con trofeo acreditativo.
•    Bolsa Eloy Gesto 2017. Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

Gañadores:

•    Premio Artesanía de Galicia 2017: peza "A cunca en minifundio" de Rodrigo Riveiro do obradoiro Ferraxe de Prata (Teo. A Coruña). Este artesán destaca pola creación de pezas únicas e exclusivas dándolle unha nova oportunidade aos materiais, como a louza vella e rota. A obra gañadora é un colar de formas xeométricas e orgánicas a base de louza e prata.
•    Premio Traxectoria 2017: Obdulia Rodríguez González Lula (Sober. Lugo). A homenaxeada dedicou 30 anos da súa vida a recuperar e dar a coñecer a olería tradicional de Gundivós.
•    Bolsa Eloy Gesto 2017: Paula Ojea, de Ojea Studio (Vigo). Esta ceramista e enxeñeira combina as súas dúas paixóns nas pezas que realiza a man de xeito individual, o que as dota dunha combinación de precisión e irregularidade, exactitude e singularidade que as fai únicas.