Premios Artesanía de Galicia 2018

Categorías:

•    Premio Artesanía de Galicia 2018, dotado con 6.000€ e trofeo acreditativo
•    Premio Traxectoria, de carácter honorífico. Trofeo acreditativo
•    Bolsa Eloy Gesto, dotada con 4.000€ para investir en formación especializada nun centro de prestixio.

Gañadores:

•    Premio Artesanía de Galicia 2018: Ana Tenorio do obradoiro Witchneeds, pola peza “O bosque interior”. É un xogo de café realizado en cerámica que representa o bosque esencial como tributo á natureza. Coa súa cerámica escultórica, Ana Tenorio busca devolverlle aos obxectos a súa singularidade, así como recuperar a humanización nos procesos de creación, con tempos máis lentos e naturais. É un proxecto innovador que recolle a tradición e o convirte nun poético produto contemporáneo.
•    Premio Traxectoria 2018: Manuel Castro Romero “Lolo”, candidatura presentada por AGA (Asociación Galega de Artesáns) pola súa traxectoria profesional en prol da tornería de madeira. Manuel Castro é un dos mellores artesáns torneiros de madeira de Europa e o torneiro galego máis respectado e admirado polos seus compañeiros de profesión. É un mestre absoluto no uso e manexo das llergas ferramentas propias da zona que el mesmo segue aínda forxando, amornando e afiando. Con estas sinxelas ferramentas nas súas mans consegue fusionar coñecemento, experiencia e capacidade creativa.
•    Bolsa Eloy Gesto 2018: Cristina Velasco do obradoiro Anaquiños de Papel para continuar a súa formación artística e empresarial. Nas súas creacións a materia prima é o papel, que modela con técnicas de origami e paper art para crear pezas decorativas, tocados ou lámpadas entre outras aplicacións.