Premios Artesanía de Galicia 2023
Categorías:
- Premio Artesanía de Galicia 2023: dotado con 9.000€ e trofeo acreditativo
- Premio Traxectoria 2023: de carácter honorífico e trofeo acreditativo
- Bolsa Eloy Gesto 2023: dotada con 4.000€ para investir en formación especializada nun centro de prestixio e diploma
Gañadores:
Premio Artesanía 2023: ao obradoiro Frouma Atlantic Wood pola súa obra Noray, un moble auxiliar que pode ser unha banqueta, unha mesa ou unha lámpada, elaborado a partir de madeira de batea e inspirada nos norays ou morróns dos portos galegos que se u?lizan para amarrar os cabos ao atracar os barcos.
Finalista Premio Artesanía de Galicia 2023: Raíces Nómadas, pola súa obra Nasa, un bolso de man realizado en pel de curtido vexetal, que busca reinterpretar a través da marroquinería e do trenzado aquelas nasas antigas elaboradas con madeira e vimbios, nunha homenaxe á cultura marítima de Galicia.
Finalista Premio Artesanía de Galicia 2023: Logaro, pola súa obra Orixe, un xersei deseñado e elaborado con técnicas coma o gancho, o gorullo do tecido tradicional galego e a técnica nalbinding, vinculada á encadernación, e a partir do fío de la autóctona, da raza ovella galega, un material que permite conectar tamén pasado con presente e futuro.
Premio Traxectoria 2023: para Agapito González, oleiro de Gundivós (Sober), falecido días despois do fallo do xurado e unha das figuras clave para a recuperación e conservación da olería tradicional de Gundivós, a máis antiga da Península e a única de Galicia con torno baixo.
Premio Bolsa Eloy Gesto 2023: Alberto Añón Corral, do obradoiro Alberto Lista, especializado en cerámica e olería. A Bolsa Eloy Gesto permitiralle realizar unha formación especializada en porcelana co ceramista catalán José Mariscal.