Solicitude de revisión de actividades de artesanía
- Procedemento de revisión de actividades artesás do Rexistro xeral de Artesanía de Galicia na sede electrónica da Xunta de Galicia
- Formulario de solicitude
Obxecto
Se vostede está interesado/a en revisar a relación de actividades artesanais incluídas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, poderallo solicitar á Comisión Galega de Artesanía. A relación de actividades artesanais será susceptible de revisión periódica por esta, de oficio ou a instancia da parte interesada. A revisión levarase a cabo mediante orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. As persoas interesadas dirixirán a solicitude de revisión á Comisión Galega de Artesanía, xunto coa documentación xustificativa dela e a que, no seu caso, se determine regulamentariamente. A Comisión poderá requirir do solicitante calquera información ou documentación adicional que estime necesaria.
Normativa autonómica
- Lei 8/2023, do 14 de decembro, de artesanía de Galicia. (DOG nº 239 do 19 de decembro de 2023).
- Decreto 218/2001, do 7 setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía
- Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía
Documentación
- Solicitude normalizada.
- Documento xustificativo da modificación.
Información
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Edificio Administrativo San Caetano
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 545 591
Fax: 981 545 541
cei.dxcomercio@xunta.gal