Con esta publicación preténdese dar un novo pulo á promoción das pezas artesanais como elementos da vida diaria, tanto no ámbito do interiorismo e decoración como no da xoiaría, moda e complementos. Ofrécese unha imaxe contemporánea do sector artesán galego, amosando a heteroxeneidade do sector e poñendo en valor a incorporación da artesanía no día a día ocupando protagonismo nos fogares, na hostalería e na imaxe persoal, xa que o seu uso outorga personalidade, un toque de exclusividade e autenticidade.
Descarga o catálogo