Solicitude de revisión de actividades de artesanía

Solicitude de revisión de actividades de artesanía

 

Obxecto

Se vostede está interesado/a en revisar a relación de actividades artesanais incluídas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, poderallo solicitar á Comisión Galega de Artesanía. A relación de actividades artesanais será susceptible de revisión periódica por esta, de oficio ou a instancia da parte interesada. A revisión levarase a cabo mediante orde da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. As persoas interesadas dirixirán a solicitude de revisión á Comisión Galega de Artesanía, xunto coa documentación xustificativa dela e a que, no seu caso, se determine regulamentariamente. A Comisión poderá requirir do solicitante calquera información ou documentación adicional que estime necesaria.

 

Normativa autonómica

 

Documentación

  • Solicitude normalizada.
  • Documento xustificativo da modificación.

 

Información

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Edificio Administrativo San Caetano
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 545 591
Fax: 981 545 541
cei.dxcomercio@xunta.gal