Crear nomes estratéxicos para marcas, pezas ou coleccións
Horario: De 19:30 a 21:00 horas
Docente: Beatriz Fontán - Axencia Será por nombres
As persoas participantes terán unha hora a maiores de asesoría individual que concertarán coa docente, con data límite para a súa celebración o 30 de xuño.
O obxectivo do curso é coñecer as ferramentas e os principais requisitos para evitar riscos e nomear con éxito marcas comerciais, pezas, coleccións, espazos ou obradoiros. Un bo nome debe afianzar estratexicamente o valor e a diferenciación do traballo artesanal nun entorno dixital cada vez máis saturado.
Programa:
1. Introdución á técnica de nomear
a. Entender as diferentes tipoloxías de nomes existentes e os conceptos básicos do proceso de creación dun nome.
b. Coñecer as principais claves para que os nomes sexan descritivos, flexibles e memorables.
2. Análise e investigación
a. Realizar diferentes fórmulas de diagnose interna.
b. Aprender a identificar e analizar a nosa competencia.
c. Escoller o posicionamento desexado e identificar marcas ou proxectos aspiracionais.
3. Proceso creativo
a. Aprender técnicas de creatividade para a creación de nomes e lemas para marcas, pezas ou coleccións.
b. Buscar inspiración e pensar lateralmente.
c. Identificar as diferentes narrativas sobre as que construír a historia da marca (storytelling).
4. Selección
a. Analizar a coherencia do nome e do lema co posicionamento desexado da marca, a peza ou a colección.
b. Considerar as incompatibilidades culturais e/ou fonéticas con novos territorios xeográficos de comercialización.
5. Rexistro e propiedade
a. Comprobar que o nome pode ser rexistrado ou está libre para o seu uso nas Clases Niza vencelladas á actividade profesional na Oficina Española de Patentes e Marcas ou en plataformas internacionais de rexistro.
b. Identificar posibles conflitos legais presentes ou futuros.
c. Comprobar o dominio web e os usuarios en redes sociais.
Criterios de selección: Terán prioridade nas prazas do curso as persoas titulares dos obradoiros artesanais inscritos no Rexistro de Artesanía de Galicia, e a continuación as peroas con carta de artesá/n. Terase en conta a orde de chegada das solicitudes.