Iniciación ao trenzado ply-splitting. Prazas esgotadas
Horario: 10:00h a 14:00h – 15:30h a 19:30h
Duración: 16 horas
Descrición:
Facer trenzas separando os cabos de cordas, ou cordóns, é unha antiga técnica téxtil que provén de Rajasthan e Noroeste da India, onde se usa para facer cinchas e aparellos para os camelos. Foi introducida en Occidente nos anos 90 por Peter Collingwood e desde entón foi evolucionando cara á creación de obxectos tridimensionais como cestas, ou esculturas.
Este tipo de trenzado utiliza cordóns moi retortos, xeralmente de catro cabos. A urdime vólvese trama e a trama, urdime; os papeis cambian, ou se redefinen cada vez que se atopan dous cordóns. É unha técnica a medio camiño entre o tecido e a cestería.
Neste obradoiro explóranse as bases da técnica, traballando en redondo, tecendo motivos decorativos e bordos. Despois dunha introdución e unha mostra de proba, faremos trenzas, tramas e cestas con liño, algodón, papel e la; cada obxecto mostrará diferentes posibilidades da técnica e servirá de inspiración para ideas futuras. É unha técnica versátil que permite enormes doses de innovación, segundo a creatividade e coñecementos da persoa creadora. Aínda que é unha técnica ancestral, é relativamente descoñecida, o que a converte en dinámica e excitante.
Obxectivos:
Conseguir unha base sólida que proporcione aos participantes ás habilidades, técnicas e inspiración para ir máis lonxe.
Docente:
Helen Leaf (Reino Unido) @helenleafdesigns
A súa formación en arqueoloxía e na historia e construcción de instrumentos musicais antigos, levouna a estudar a prehistoria e a interesarse por outras técnicas e materiais tradicionais. Tamén é unha gran amante da natureza e as súas formas.
Artesá e autónoma desde 2002, participou nun gran número de festivais e feiras de artesanía á vez que continuaba a súa formación e compartía os seus coñecementos en obradoiros para adultos e outros impartidos no seu estudo. O seu traballo expúxose en galerías, eido que lle interesa desenvolver.
O trenzado ply-splitting converteuse na súa principal actividade porque lle permite construír esculturas con fíos mediante o uso de ferramentas especializadas que ela mesma constrúese. Goza o potencial creativo desta técnica, perseguindo sempre a excelencia.
Prezo xeral: 50 €
Prezo para obradoiros inscritos no Rexistro Xeral Artesanía de Galicia: 40€
A matrícula inclúe o xantar dos dous días.