Márketing dixital e xestión de redes sociais
Horarios: De 18:00 a 21:00 horas
Docente: Javier Rocamora. Consultor e formador especialista en marketing online, xestión de redes sociais e comercio electrónico. Leva toda a súa carreira profesional de 28 anos ligado ao mundo do marketing e das ventas, centrado no entorno dixital dende 2005.
Obxectivos
Facilitar novos métodos de marketing e comunicación aos obradoiros artesanais co obxectivo de posicionar dunha forma óptima o seu proxecto e contribuír a mellorar a comercialización dos seus negocios. Obxectivos concretos a acadar:
• Elaboración dun plan de comunicación da marca persoal ou empresarial a través dun sitio web e de redes sociais, partindo dunha estratexia de elaboración de contidos.
• Comprender que lugar ocupan as redes sociais dentro do engrenaxe do teu negocio.
• Comprender a utilidade das redes sociais e como encaixan dentro do teu plan de negocio.
• Entender a necesidade ou non de ter un comunitymanager e as diferentes opcións.
• Coñecer outras redes sociais máis alá de Facebook, Instagram e Twiter.
Contidos do taller
A duración do taller é de 15 horas, repartidas en 5 sesións de 3 horas cada unha, e con posterioridade haberá unha consultoría individualizada de dúas horas de duración por parte do docente, a concretar con cada un dos asistentes. As clases serán 100% online, impartidas a través de Zoom Meetings. Enviarase a cada persoa inscrita un link para acceder ás sesións.
Os contidos a tratar serán o seguintes:
Módulo 1.-Estratexia dixital para a empresa
- Partindo de cero: os pilares sobre os que se constrúe a marca e a reputación en internet.
- Valores persoais e/ou cooperativos
- Definición de target ou público obxectivo ao que nos diriximos
- Segmentación a partir do/dos targets definidos
- Creación da mensaxe
- Claves para a construción e difusión dunha marca persoal/empresarial en internet
- A web como elemento central da nosa estratexia online. Principios básicos de deseño e requisitos mínimos en estrutura, contidos e adaptación a dispositivos móbeis.
- Papel das redes sociais como elemento de atracción e interacción
- Elementos clave do Plan de Marketing Dixital e a súa integración co marketing offline.
- Aspectos legais da presenza online.
- Aproximación ao eCommerce.
Módulo 2.-Cómo elaborar un plan de contidos
- InboudMarketing: atracción de potenciais clientes mediante a aportación de contidos de valor para o cliente potencial
- Que entendemos por contido de valor? Como se relaciona ca nosa marca?
- Como crear contido propio atraínte en internet, especialmente nas redes sociais?
- Diferentes formatos de contido: o papel da imaxe e o vídeo
- Blog empresarial ou persoal como elemento clave
- Como se relacionan os contidos ca miña web e como e onde deben aparecer?
- Identificación de fontes externas e internas de contido
- Como utilizar correctamente os contidos creados por terceiros
- Regras e proporcións de contido promocional, informativo, interno e externo
Módulo 3: Uso das redes sociais como ferramenta de difusión e xeración de negocio
- Panorámica das diferentes redes sociais en España
- Público principal de cada rede social
- Creación e desenvolvemento do Plan de Redes Sociais
- En que redes sociais me interesa estar
- Regras e tipo de contidos para as diferentes redes: horarios de uso, estilos e limitacións, contidos eficaces en cada rede, primeiros pasos para gañar seguidores
- Facebook , Twitter, Instagram, Linkedln, Youtube
- Uso de WhatsApp Business na nosa estratexia de comunicación e coma ferramenta de venta online e atención ó cliente
- A comunicación bidireccional: Como crear interacción cos nosos seguidores e xerar comunidade arredor da nosa marca
- Creación e mantemento da reputación online
- Como xestionar unha crisis de reputación
- Como realizar accións promocionais nas redes sociais?
- Que tipo de contido promocional é aceptable para o usuario/seguidor?
- Que recursos preciso?
- Papel do CommunityManager
- Outros roles relacionados ca estratexia dixital: Social Media Strategist, DigitalMarketingManager, deseño gráfico e edición en vídeo, copywriter.
Módulo 4: Sistemas de publicidade online e a súa integración na estratexia de marca
- Diferencias entre a publicidade online e a offline
- Plataformas de publicidade online
- Google Adwords: Cómo crear unha campaña sinxela
- A importancia das palabras clave e a súa relación co SEO
- Publicidade de pago en redes sociais: Facebook, Twitrer e Linkedin. Vantaxes e inconvintes
- Integración da publicidade ca estratexia de contidos
- Campañas de e-mail marketing
- Accións publicitarias non convencionais:
- Marketing viral
- Streetmarketing
- Uso de Bloggers e Youtubers
Módulo 5: Ferramentas de monitorización e seguimento
- De público a cliente: seguimento das diferentes fases do proceso de conversión
- Categorización e seguimento de clientes e leads: uso correcto das bases de datos
- Google Analytics: Aspectos básico do funcionamento da ferramenta: control de visitas, procedencia, efectividade das redes sociais e a publicidade online, comportamento dos usuarios na web, tasa de conversión….
- Monitorización e interpretación das estatísticas das distintas redes sociais
- Ferramentas de mellora da produtividade e de xestión de múltiples redes sociais: Hootsuite
- Creación dun cadro de mando sinxelo cos principais KPls (KeyPerformanceIndicators
Criterios de selección dos participantes: Prioridade para os titulares dos obradoiros incritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, a continuación persoas con carta de artesá/n e, por último, outros interesados. Terase en conta a orde de chegada das solicitudes.
Nº de prazas: 25