Publicidade online en Google e Facebook: creación e interpretación de resultados de campañas publicitarias

Número de prazas
20
Lugar de celebración
Online
Data de inicio
25/05/2021
Descrición datas e horarios
As sesións grupais serán o 25, 27 de maio e 2, 4 de xuño en horario de 18:00 a 21:00 horas
Descrición

Docente: Javier Rocamora

O curso será desenvolto en formato online a través da plataforma Zoom e os asistentes poderán desfrutar dunha hora de titoría online individual co docente, unha vez rematado o curso e no prazo que lles indicará a Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Nº prazas: 20

Contido do programa:

Módulo 1: Introdución á publicidade online (3 horas)
• Necesidade da publicidade online para acadar obxectivos en vendas • Sistemas de publicidade online • Características da publicidade online. • Prezos da publicidade online: o sistema de subasta. • Definición de audiencias en función do perfil obxectivo de cliente. • Características da mensaxe publicitaria. Que anunciar e como facelo? • Plataformas de publicidade máis axeitadas para artesanía: Google Ads e publicidade en Facebook+Instagram. • Tipos de campaña: custo por clic (CPC) e custo por mil impresións (CPM) • Os orzamentos de publicidade e o seu reparto nas distintas plataformas. Como saber canto debo investir en publicidade. Estratexia de publicidade online. 

Módulo 2: Publicidade en Facebook e Instagram (4,5 horas)
• Comparativa de Facebook Ads vs. Google Ads • Plataforma Facebook Ads: características básicas • Diferenza entre anuncios e publicacións promocionadas • Creación de conta publicitaria • Xestión de facturación e pagos
• Campañas, grupos de anuncios e anuncios • Establecemento de audiencia das campañas ou grupos de anuncios: segmentación do mercado por criterios xeográficos, de idade, xénero, profesión e intereses do público ao que queremos chegar coa campaña • Tipos de anuncios en Facebook e Instagram • Xestión de anuncios en Instagram dende Facebook Ads • Prezos: custo por clic (CPC) vs custo por mil (CPM) • Regras das imaxes e vídeos que forman parte dos anuncios • Anuncios con contido dinámico • Interpretación e análise dos resultados das campañas
• Interpretación e análise das estatísticas das diferentes redes sociais. 

Módulo 3: Publicidade en Google (4,5 horas)
• Google My Business • Google Ads: Características • Onde e cando aparecen os anuncios • Creación de conta publicitaria en Google Ads • Tipos de campaña en Google Ads • Redes de Google: Búsqueda e Display • Configuración dos distintos niveis: campaña, grupos de anuncios e anuncios. • Definición e acoutamento de audiencias. • As palabras clave (keywords) en Google Ads • Estratexias de palabras clave: Long Tail • Características dos anuncios de Google • Tipos de anuncios • Anuncios automatizados • Textos e extensións de anuncio • Anuncios en Google Shopping • Anuncios de remarketing • Anuncios en YouTube • Interpretación das estatísticas das campañas e seguemento destas.

Criterios de selección: Teñen prioridade os titulares de obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que fixeron a solicitude na convocatoria do primeiro trimestre, a continuación o resto dos obradoiros e por último as persoas con carta de artesá/n pero que non conten con obradoiro inscrito. Terase en conta a orde de chegada das solicitudes nesta convocatoria. 

As persoas que confirmen asistencia, unha vez se lles comunique o listado de aceptados, comprométense a asistir a todas as sesións agás por motivos de forza maior debidamente xustificados. De non ser así, isto será motivo de non aceptación en vindeiras accións formativas.