Uso profesional das redes sociais, con especial incidencia en Facebook e Instagram

Número de prazas
20
Lugar de celebración
Online
Data de inicio
04/05/2021
Descrición datas e horarios
As sesións grupais serán o 4, 6, 11, 13, 18 de maio de 18:00 a 21:00 horas
Descrición

Docente: Javier Rocamora

O curso será desenvolto en formato online a través da plataforma Zoom e os asistentes poderán desfrutar dunha hora de titoría individual unha vez rematado o curso e no prazo que lles será indicado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Nº prazas: 20

Contido do programa:

Módulo 1: As redes sociais e o seu papel no marketing e a reputación dixital (3 horas)
• Situación actual das redes sociais en España: estatísticas de usuarios por rede, perfís de idade e xénero e presenza das empresas. • Comportamento dos usuarios nas redes sociais. • Partindo de cero: Os pares sobre os que se constrúe a marca. As peculiaridades da empresa de economía social. • Falamos para todo o mundo? Definición de target ou público obxectivo ao que nos diriximos. • Vantaxes do concepto de economía social na reputación online. • Social Media Plan: Elementos deste e xeito de construílo. • Papel das redes sociais como elemento de atracción e interacción. • Plan de contidos: Como crear mensaxes atractivas nas redes sociais? • Que entendemos por contido de valor? Como se relaciona coa nosa marca? • Difusión de contidos externos e xeración de contidos internos. • Regra de proporción entre contidos promocionais e non promocionais nas redes sociais. • Tratamento da privacidade nas redes sociais. Aspectos legais e recomendacións.

Módulo 2: Uso profesional das redes sociais (12 horas)
• Quen vai xestionar as redes sociais? O papel do Community Manager. • En que redes sociais me interesa estar?
• Adaptación da linguaxe a cada unha das redes sociais analizadas. • Expectativas das persoas usuarias de cada unha das redes sociais. • Como traballar profesionalmente e atraer clientes en Facebook, Instagram e YouTube. Dende a creación de páxinas de empresa ata as súas ferramentas de xestión, paso a paso (práctica) • Aplicacións externas para mellorar a produtividade e facilitar o traballo en Facebook e Instagram. • Algoritmo de Facebook e Instagram: Que é, como funciona e aspectos a ter en conta. • Outras redes sociais: Twitter, TikTok, LinkedIn, Spotify • Como utilizar correctamente os contidos creados por terceiros. • Atención ao cliente a través das redes sociais. • Xestión de crises nas redes sociais. Manexo dos trolls e como apagar incendios. • Comunicación visual e en vídeo: Aspectos básicos de contido, edición e publicación de fotografías e vídeos propios. • Ferramentas de automatización e programación de contidos en cada rede. • Uso profesional de WhatsApp Business • Ferramentas de publicidade en cada rede social • Interpretación e análise das estatísticas das diferentes redes.

Criterios de selección: Teñen prioridade os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que fixeron a solicitude de inscrción na convocatoria do primeiro trimestre pero que quedaron fóra da lista inicial de aceptados, a continuación o resto de obradoiros e por último as persoas con carta de artesá/n pero que non conten con obradoiro inscrito. Terase en conta a orde de chegada das solicitudes nesta convocatoria. 

As persoas que confirmen asistencia, unha vez se lles comunique o listado de aceptados, comprométense a asistir a todas as sesións agás por motivos de forza maior debidamente xustificados. De non ser así, isto será motivo de non aceptación en vindeiras accións formativas.