Venda online nas distintas canles: web propia, marketplace e vendas nas redes sociais

Lugar de celebración
Online
Data de inicio
09/02/2021
Descrición datas e horarios
As sesións serán os días 9-11-17-18-23-25 de febreiro de 18:00 a 21:00 horas
Descrición

Docente: Javier Rocamora

O curso será desenvolto en formato online a través da plataforma Zoom e os asistentes poderán desfrutar dunha hora de titoría individual unha vez rematado o curso e no prazo que lles será indicado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Nº prazas: 20

Contido do programa:

Módulo 1: E-commerce: Por que, cando e como? (3 horas)

• Situación actual do e-commerce en España, por sectores e empresas, segundo os últimos informes dispoñibles no momento da impartición do curso. • Comportamento dos usuarios nas tendas online. • O e-commerce non é o inimigo, e unha nova canle de venda á que é necesario adaptarse. • Interésame vender en internet? • Que produtos podo vender en internet? • Que recursos vou precisar para facelo? • Unha tenda online é unha tenda. • Comparativa custos de tenda online e tenda física. • Como afecta a creación dunha tenda online á xestión da empresa. • Plan de negocio dunha tenda online a 3 anos. Periodos de proba, test A/B, aprendizaxe e madurez. • Diferentes plataformas de e-commerce: Prestashop, Wordpress+WooCommerce, Etsy, Shopify, outras. Características de cada unha delas. • A loxística nunha tenda online. Envíos e loxística inversa. • Formas de pago no e-commerce. • Requisitos legais e lexislación específica do e-commerce.

Módulo 2: A web de e-commerce. Aspectos básicos (6 horas)

• Cómo debe ser a páxina de inicio dunha tenda online • Aprendendo dos grandes: as regras básicas de distribución da páxina de inicio. • Situación dos elementos principais na páxina de inicio. • Categorización de produtos. • Ofertas, promocións e “call to action” • Menús principal e secundarios: contidos mínimos e contidos recomendables. • Contar quen somos e poñer caras á empresa (especialmente nas empresas de artesanía) • Información adicional e de utilidade para o cliente. • Fichas de produto: aspectos imprescindibles e recomendables. • Que información precisa o cliente para comprar? • Clientes rexistrados vs. venda sen rexistro previo • Cross-selling e up-selling. • Formularios de rexistro e petición de consentimento para o tratamento de datos e envío de publicidade: requisitos legais e recomendacións. • Xestión de devolucións. • Atención ao cliente. • Carrito da compra, confirmación e pago. • Xestión de pedidos e información ao cliente. • Introdución a Google Analytics como ferramenta de monitorización, interpretación de datos e toma de decisións sobre cambios na web.

Módulo 3: Creación de tendas online e venda en marketplaces (9 horas, módulo de casos prácticos) 

• Tendas online en Wordpress+WooCommerce: pasos básicos na súa creación. • Tendas online en Prestashop: creación e comparación con WooCommerce. • Tendas en Facebook e Instagram: como e cando crealas. • Marketplaces: Amazon, eBay e outras plataformas. Prezos, requisitos e recomendacións para vender nelas. • Omnicanalidade: integración das distintas canles de venda física e online.

Criterios de selección: Teñen prioridade os titulares de obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e a continuación as persoas con carta de artesá/n pero que non conten con obradoiro inscrito. Terase en conta a orde de chegada das solicitudes. 

As persoas que confirmen asistencia, unha vez se lles comunique o listado de aceptados, comprométense a asistir a todas as sesións agás por motivos de forza maior debidamente xustificados. De non ser así, isto será motivo de non aceptación en vindeiras accións formativas.