Xornadas ENTRELAZAR
As xornadas ENTRELAZAR foron concibidas dende unha visión transversal da cestería. A través dun enfoque interxeracional, o programa propón un espazo de diálogo entre disciplinas, coñecementos e formas de facer, convidando a profesionais vinculados de distintos xeitos a esta práctica. O seu obxectivo é xustapor perspectivas para crear un marco común dende o que reflexionar sobre o pasado, o presente e o futuro deste oficio.
Probablemente unha das primeiras técnicas de construción téxtil desenvolvidas polo ser humano, este saber ancestral segue hoxe presente en múltiples formas e contextos. A cestería permite abordar cuestións vinculadas á transformación da materia, á relación entre corpo e ferramenta, e ao equilibrio entre tradición, innovación e industria. O seu carácter material e territorial abre preguntas clave sobre o papel dos oficios en contextos contemporáneos, así como sobre como se aprenden, transmiten e investigan estes saberes, e como inflúen no noso xeito de habitar e de transformar a contorna. O programa reúne distintos enfoques - históricos, técnicos, teóricos e experimentais - cos que habemos explorar temas como a materia prima, os cultivos, a paisaxe e o territorio, así coma os modos nos que os saberes ligados ao xesto e á contorna se comparten e se transforman ao longo do tempo para chegar a existir no contexto actual de transformación ecolóxica, social e produtiva.
Prezo inscrición:* 75 € (Prezo reducido de 50€ por asistente para obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia). A inscrición dálles dereito a asistir aos dous días de duración das xornadas, á documentación e ao agasallo de benvida, así como aos servizos de restauración que se facilitarán para a comida e para os descansos previstos na programación.
Organización: Fundación Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia @artesania_de_galicia
Comisariado: Inés Sistiaga @ines.sistiaga
Colaboración: Espacio Vilaseco @galeriavilasecolab
Achegamos o documento do programa nesta publicación.