Novas
Galicia destinará este ano 27 millóns de euros a incentivar a economía social, un 17% máis que en 2019
20/02/2020
Feijóo estima que este orzamento posibilite a inserción laboral ou o mantemento de 3.500 empregos. A principal novidade deste ano é unha iniciativa que ten como finalidade formar durante dous anos a 500 persoas que perciben a Risga.
A Xunta promociona a artesanía de Galicia na feira de referencia do deseño escandinavo que se celebra en Estocolmo ata o venres
14/01/2020
A Fundación Artesanía de Galicia regresa ao encontro de decoración Formex cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea na que participan 51 profesionais do sector, dos cales 18 son novidades no evento.