Obtención ou renovación da cualificación de obradoiro artesanal
- Formulario de solicitude telemática
- Formulario de solicitude presencial
- Solicitude de cita previa nos rexistros da Xunta para entregar o modelo presencial
Obxecto
Se vostede está en posesión da carta de artesán/á e está dado/a de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE) poderá obter a cualificación de obradoiro artesanal presentando a correspondente solicitude á Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Este documento será expedido pola Comisión Galega de Artesanía e unha vez obtida a cualificación de obradoiro artesanal procederase á inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Beneficiarios/as: artesáns e artesás. A concesión da acreditación como obradoiro artesanal é por un período de cinco anos e pódese renovar coa presentación dunha nova solicitude.
Normativa autonómica
- Lei 1/1992 do 11 marzo de Artesanía de Galicia
- Decreto 218/2001, do 7 setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía
- Orde do 31 de marzo de 2009 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía
- Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía
- Orde do 1 de febreiro de 2017 pola que se actualizan os procedementos e os formularios normalizados para a obtención da carta de artesán e a cualificación de taller artesán
Documentación
- Solicitude normalizada
- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
- Certificado de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE), só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
- Copia do NIF de persoa xurídica, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
- Relación por categorías dos traballadores do obradoiro, só no caso de persoas xurídicas.
- As entidades cooperativas ou asociativas reguladas na Lei de artesanía de Galicia, que comercialicen a produción dos seus socios ou asociados achegarán, ademais, a certificación ou documento acreditativo da súa constitución legal, estatutos e relación dos socios que a compoñen.
Solicitude
Prazo de resolución: 6 meses
Información
Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Edificio Administrativo San Caetano
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 545 591
Fax: 981 545 541
cei.dxcomercio@xunta.gal