Corazón da Artesanía 2022

IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia
8, 9 e 10 de xullo

Regresamos aos Pendellos de Agolada (Pontevedra) coa novena edición do Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. 

Consulta o programa completo aquí

Cartel Corazón da Artesanía 2022

Artesanía de Galicia no Courel

Do 3 ao 7 de agosto

Cursos con inscrición previa e obradoiros abertos a todos os públicos.
Consulta o programa aquí
 

Artesanía de Galicia no Courel

Revista Obradoiro de Artesanía

Publicación anual de Artesanía de Galicia
Maio 2022

Xa podes consultar a edición completa do novo número de Obradoiro de Artesanía, unha revista especializada na divulgación e na promoción dos oficios artesanais galegos. Un escaparate homoxéneo, reflexo da riqueza e da calidade da Artesanía de Galicia.

Descarga a revista.

Obradoiro de Artesanía 20

Premios Artesanía de Galicia 2022

Aberta a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia para recoñecer a experiencia e o talento do sector artesán galego.

Presentación de solicitudes do 17 ao 28 de outubro de 2022.

Premios Artesanía de Galicia 2022

Feito de estrelas; os roteiros da forma: Un percorrido pola artesanía contemporánea galega

Catálogo das exposicións

Xa podedes consultar o catálogo das exposicións organizadas en colaboración coa Fundación RAC para amosar as propostas máis contemporáneas da artesanía galega. 

  • Feito de estrelas é unha retrospectiva do traballo do ebanista Frank Buschmann, gañador do Premio Artesanía de Galicia 2019
  • Os roteiros da forma é unha mostra colectiva cunha selección de pezas de 14 obradoiros da marca Artesanía de Galicia que reflicten as converxencias entre a artesanía e as artes visuais contemporáneas.
Portada e contraportada do catálogo

Os obradoiros

Os oficios

Xoias e bixutería
Téxtil e moda
Cerámica e olería