Obtención ou renovación da cualificación de obradoiro artesanal

Obtención ou renovación da cualificación de obradoiro artesanal

 

Obxecto

Obtención do título de obradoiro artesán.

Para a obtención, renovación, modificación ou baixa do título de obradoiro artesán deberá presentar a correspondente solicitude ante a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Industria e Innovación, acompañada da documentación que se indica na propia solicitude.

O recoñecemento oficial da condición de obradoiro artesán leva implícita a acreditación de persoa artesá.

Este documento será expedido pola consellaría competente en materia de artesanía, por proposta da Comisión Galega de Artesanía, de acordo co procedemento establecido regulamentariamente.

Unha vez obtido o título de obradoiro artesán procederase á inscrición no Rexisto Xeral de Artesanía de Galicia.

 

Normativa autonómica

 

Documentación

 

  • Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Documentación complementaria

1. Para a obtención do obradoiro artesán, a s persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación :

a) Memoria da actividade ou actividades artesanais solicitadas. No caso de solicitar dúas actividades, deberá presentarse unha memoria para cada unha delas.

b) Formación na actividade ou actividades artesanais solicitadas: titulación regrada, cursos de formación oficiais por un mínimo de 500 h ou certificación dunha asociación profesional de artesáns.

c) Informe emitido pola Seguridade Social de todos os códigos de conta de cotización da persoa solicitante no que figure o número de persoas traballadoras ou acreditación de non estar inscrito/a, se é o caso.

d) Informe de vida laboral da persoa responsable artesá.

e) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles debidamente legalizados.

f) Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración da persoa representante legal da persoa solicitante ou modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia que figura na sede electrónica, debidamente cuberto e asinado.

g) As unidades de carácter cooperativo ou asociativo reguladas no artigo 6.4 da Lei 8/2023, de artesanía de Galicia, que se dediquen á elaboración e comercialización de produtos artesanais, presentarán, ademais, a certificación ou documento acreditativo da súa constitución legal, estatutos e relación de socios.

2 . Para a renovación do obradoiro artesán, a s persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación :

a) Memoria da actividade ou actividades artesanais que teña recoñecidas no título de obradoiro artesán. No caso de ter recoñecidas dúas actividades, deberá presentarse unha memoria para cada unha delas.

b) Informe emitido pola Seguridade Social de todos os códigos de conta de cotización da persoa solicitante no que figure o número de persoas traballadoras ou acreditación de non estar estar inscrito/a, se é o caso.

c) Informe de vida laboral da persoa responsable artesá.

d) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles debidamente legalizados.

e) Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración da persoa representante legal da persoa solicitante ou modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia que figura na sede electrónica, debidamente cuberto e asinado.

f) As unidades de carácter cooperativo ou asociativo reguladas no artigo 6.4 da Lei 8/2023, de artesanía de Galicia, que se dediquen á elaboración e comercialización de produtos artesanais, presentarán, ademais, a certificación ou documento acreditativo da súa constitución legal, estatutos e relación de socios.

3. Para a modificación do título de obradoiro artesán, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

Se a modificación consiste no cambio das actividades artesanais xa recoñecidas ou na obtención dunha segunda actividade artesanal, deberá presentar toda a documentación necesaria para a obtención do título de obradoiro artesán relacionada coa nova ou novas actividades solicitadas.

4. Para a baixa do obradoiro artesán, as persoas interesadas deberán presentar unicamente a solicitude.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

6. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

9. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Imposto de actividades económicas.

f) Certificado de estar ao día no pagamento á AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento á Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos pertinentes. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa solicitante ou persoa representante para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Solicitude

Prazo de resolución: 6 meses

 

Información

Xunta de Galicia

Consellería de Economía, Industria e Innovación

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Comercio

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545507

Email: rexistroartesania@xunta.gal

http://economiaeindustria.xunta.es