Novas

A Xunta destaca o valor da artesanía galega como actividade de presente e futuro a través da súa modernización e internacionalización

17/07/2021

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta tarde a feira Artesanía de Galicia en Muros, na que participan 17 obradoiros durante toda esta fin de semana. Destacou que este tipo de iniciativas supoñen un “verdadeiro escaparate” para impulsar a comercialización dos produtos e divulgar os oficios artesáns. O Goberno galego destina este ano 5 millóns de euros para a implantación e impulso da estratexia dixital no sector, apoiando así a súa adaptación a novos hábitos de consumo e fórmulas de comercialización.

A Xunta impulsa esta fin de semana en Muros a comercialización de Artesanía de Galicia e a divulgación dos oficios artesáns

15/07/2021

A feira "Artesanía de Galicia en Muros" celébrase o sábado 17 e do domingo 18 de xullo na praza de abastos e contará coa participación de 17 obradoiros. O evento coincide co fin da mostra itinerante "Enredadas", que está aberta ao público no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón. Con esta iniciativa, o Goberno galego busca apoiar o sector artesán galego na súa adaptación a novos hábitos de consumo e fórmulas de comercialización, así como fomentar a divulgación dos oficios tradicionais.

Galicia aspira a preservar o seu patrimonio do mar co deseño do plan da cultura marítima con horizonte 2030

10/07/2021

Este traballo realizarase no marco dun convenio de colaboración asinado esta semana entre a Consellería do Mar e a Universidade da Coruña e abarcará todo o litoral de Galicia co obxectivo de definir as liñas das políticas culturais unindo as tradicións e o valor do patrimonio marítimo. Ademais a conselleiro do Mar, Rosa Quintana, destacou o papel do órgano de xestión para as medidas de protección das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, contemplado na declaración como Ben de Interese Cultural e ao que a Xunta vén de remitirlle as primeiras solicitudes para incluír bens no censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos.

A Xunta promove en Sanxenxo a comercialización da Artesanía de Galicia

07/07/2021

O Pop Up Artesanía de Galicia & D-due estará aberto ao público durante os meses de xullo e de agosto e contará con pezas de 36 obradoiros artesáns.

O torneado da madeira regresará en setembro a Xermade coa celebración do XXI Encontro Internacional de Torneiros

06/07/2021

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, colabora cada ano nesta iniciativa de divulgación do oficio tradicional. Na edición deste ano recupérase o formato presencial e inclúe demostracións de profesionais de recoñecido prestixio internacional coma o francés Romuald Clemenceau, o oscense Fran Ferrer e os galegos Adrián Pena e Manuel ‘Lolo’ Castro, Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2018.