Novas

A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2020 para recoñecer o talento e a traxectoria dos artesáns galegos

26/10/2020

Como cada ano, os galardóns divídense en tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros; Premio Traxectoria, de carácter honorífico, e Premio Bolsa Eloy Gesto; cunha contía de 4.000 euros para a formación dos novos talentos do sector. As candidaturas poderanse presentar entre o 16 e o 27 de novembro, tal e como se recolle na convocatoria publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.

As redeiras galegas aprenden a diversificar a súa actividade cara ao sector da moda e dos complementos

24/10/2020

Doce artesás de Cariño, Corme, Malpica e Portonovo comezan hoxe en Buño o curso “Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ao sector da moda e complementos”, impartido pola deseñadora de moda Rosalía Castro. A actividade forma parte do proxecto Enredadas, no que colaboran a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e mais a Consellería do Mar, co que se busca diversificar o oficio tradicional das redeiras en Galicia.

Vinte e cinco empresas artesás fórmanse en marketing dixital e xestión de redes sociais

22/10/2020

A Xunta organiza a formación online “Marketing dixital e xestión de redes sociais” dirixido ao sector artesán galego que comeza hoxe e remata o próximo 5 de novembro. A Fundación Artesanía de Galicia está a introducir a modalidade online na súa proposta formativa, ademais de potenciar os contidos relacionados coa presenza dixital e a difusión e a comercialización online.

Artesanía de Galicia formará as redeiras galegas en xestión comercial e marketing para apoiar a diversificación da súa actividade

20/10/2020

A Fundación Artesanía de Galicia organiza un curso online que se celebrará do 26 de outubro ao 25 de novembro. Esta actividade, no marco do proxecto Enredadas, é un proxecto de diversificación do oficio tradicional do colectivo das redeiras en Galicia.

Tres candidaturas galegas optan como finalistas aos Premios Nacionais de Artesanía 2020

16/10/2020

O obradoiro téxtil de Rir&Co (Allariz) e o taller de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) competirán polo Premio Emprendemento, mentres que a Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, opta ao Premio Promociona para Entidades Públicas polo proxecto Artesanía no Prato. Nos últimos anos o sector artesán galego estivo presente con finalistas e gañadores en todas as categorías destes galardóns, nos que resultaron premiadas o ano pasado a zoqueira Elena Ferro e a ceramista Paula Ojea.