Novas
A Xunta destaca o grande esforzo realizado pola artesanía galega para consolidar a súa presenza dixital durante a pandemia
Recoñece que o 2020 foi o ano no que o sector tivo que dar o salto definitivo á comercialización en liña e a novos modelos de xestión e venda, para o que contou co apoio do Goberno autonómico. A Xunta publica o novo número da revista "Obradoiro de Artesanía" na que se divulga o traballo de diferentes profesionais da marca especializados no eido da ourivería, da cerámica, da xoiería, do téxtil, da decoración, do vidro, da cantería, do traxe tradicional, do calzado e da carpintería de ribeira.
O proxecto Artesanía no Prato da Xunta de Galicia é recoñecido como exemplo de boas prácticas no programa europeo Crafts Code
Esta iniciativa da Xunta de Galicia foi seleccionada para aparecer na plataforma de políticas formativas de Interreg Europe, como modelo para os sectores artesáns doutras rexións europeas para vincular a artesanía con outros sectores e crear sinerxías. A Fundación Artesanía de Galicia participa desde o ano pasado neste programa europeo orientado a mellorar a competitividade das pemes no ámbito da artesanía, impulsar o seu crecemento e promover a innovación. A Xunta prevé organizar as III Xornadas Profesionais Artesanía no Prato a finais deste ano.
A Xunta impulsa en Ourense a comercialización do produto artesán galego
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron esta mañá a XXIV Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra ata o domingo 2 de maio. Participan 14 obradoiros pertencentes á marca Artesanía de Galicia, especializados en xoiería, cerámica, coiro, bixutería, téxtil e arranxos florais.
A Xunta promove a marca artesanía de Galicia e o sector artesán galego na Escola de Arte e Superior de Deseño Antón Faílde de Ourense
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, impartiu unha charla esta mañá para os alumnos de ebanistería artística que complementa a exposición ‘Sacando viruta. Artesanía e deseño’, que se poderá visitar ata o 26 de maio.
A Xunta resalta en Ponteceso a importancia de achegarlle os oficios artesáns aos máis pequenos como motor do desenvolvemento de Artesanía de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta tarde os obradoiros para familias que organiza ata o domingo a Fundación Eduardo Pondal, co apoio da Xunta de Galicia, para celebrar os Días Europeos da Artesanía.