Novas

A Xunta promove en Sanxenxo a comercialización da Artesanía de Galicia

07/07/2021

O Pop Up Artesanía de Galicia & D-due estará aberto ao público durante os meses de xullo e de agosto e contará con pezas de 36 obradoiros artesáns.

O torneado da madeira regresará en setembro a Xermade coa celebración do XXI Encontro Internacional de Torneiros

06/07/2021

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, colabora cada ano nesta iniciativa de divulgación do oficio tradicional. Na edición deste ano recupérase o formato presencial e inclúe demostracións de profesionais de recoñecido prestixio internacional coma o francés Romuald Clemenceau, o oscense Fran Ferrer e os galegos Adrián Pena e Manuel ‘Lolo’ Castro, Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2018.

A Xunta participa no mercado "Sabor a artesanía" que se celebra esta fin de semana en Santiago

02/07/2021

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegarase ata o Pazo de San Lourenzo mañá sábado para apoiar as 17 marcas de Artesanía de Galicia que participan nesta feira de venda directa. O apoio á comercialización do produto artesán galego continúa a formar parte das principais liñas de actuación do Goberno galego en materia de artesanía.

A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia no Mercado da Serea de Boiro

25/06/2021

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación colabora nesta primeira edición coa realización de tres talleres de iniciación á estampaxe e á creación de cianotipias. A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitará mañá sábado este evento que se celebra no Pazo de Goiáns e no que participan 12 obradoiros da marca.

A Xunta promove en Muros a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas

17/06/2021

A exposición ‘Enredadas’, que reúne os resultados dos cursos de formación para redeiras artesás galegas, estará aberta ao público no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón desde mañá, 18 de xuño, ata o próximo 18 de xullo.
Trátase dun proxecto de boas prácticas impulsado polo Goberno galego para que as redeiras poidan abrir novas oportunidades de negocio a través doutros ámbitos como a moda, os complementos e a decoración.