Formacións

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal.

Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ao sector da moda e complementos

Buño (Malpica de Bergantiños) -
24, 25 de outubro, 6, 7, 8, 14 e 15 de novembro
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas (o último día ata as 20:30h)

Docente: Rosalía Castro. Deseñadora de moda

Márketing dixital e xestión de redes sociais

Online -
Datas: 22, 23, 29, 30 de outubro e 5 de novembro
Horarios: De 18:00 a 21:00 horas

Docente: Javier Rocamora. Consultor e formador especialista en marketing online, xestión de redes sociais e comercio electrónico.

Formación estratéxica para a "nova artesanía"

Online -
As clases online impartiranse a razón de unha por semana, os días 6, 13, 20 e 27 de outubro, ás 19:00 horas.

A Fundación Pública de Artesanía de Galicia organiza este curso de formación online en estratexia empresarial e novos modelos de xestión. A chamada “nova artesanía” sitúase no centro dunha economía sostible e centrada nas persoas, e apóiase nuns valores empresariais e culturais innovadores e diferentes; por iso, os profesionais da artesanía necesitan apoiarse en novos modelos de xestión empresarial.

Programa de creación de empresa artesá

plataforma Blackboard de EOI -

O programa online estructúrase en 9 módulos temáticos que se impartirán desde o 15 de septembro ata o 26 de novembro a través de la plataforma Blackboard de EOI

iAtelier: Obradoiro de tecnoloxía e innovación

Villaviciosa de Odón (Madrid) -

iAtelier é un programa formativo que pretende fomentar o uso das ferramentas TIC e impulsar novas formas de creación na artesanía a través das tecnoloxías de fabricación dixital contemporáneas.