Novas
A Xunta participa nunhas xornadas sobre os oficios vinculados ao liño na Costa da Morte
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia asistiu á xornada O liño e as iniciativas emprendedoras transformadoras: estratexia para un desenvolvemento sostible na Costa da Morte, organizada polo Consello da Cultura Galega e Concello de Zas. Nesta cita participou tamén Carmen Riveiro, tecedeira e Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2022 en grande parte polo seu traballo na divulgación e transmisión dos oficios do liño.
A Xunta salienta o papel dos 70 obradoiros artesanais da provincia de Ourense como exemplo de emprendemento e de dinamización territorial
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou en Allariz o obradoiro de artesanía téxtil RIR&Co, adherido a Artesanía de Galicia e destacou a súa aposta pola incorporación de materiais innovadores á tradición do tecido de baixo lizo. Enxalzou pezas xa icónicas deste obradoiro como D-Leite, unha manta elaborada con fibra de proteína láctea, ou a lámpada Ardora, realizada en liño e fibra óptica. Reafirmou que proxectos como RIR&Co demostran a capacidade do tecido comercial e artesanal como foco de atracción de visitantes e motor de revitalización rural, como se promove desde o novo Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.
A Xunta achega a escolares de Forcarei os oficios tradicionais artesanais a través do proxecto 'Artesanía na escola"
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou no CEIP Nosa Señora das Dores na demostración do artesán Xosé Manuel Sanín, protagonista da segunda das unidades didácticas deste programa de divulgación da artesanía.
A Xunta amosa en Vila de Cruces o oficio da construción de instrumentos musicais no marco do seu proxecto 'Artesanía na Escola'
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu no CEIP Cerdeiriñas de Piloño, á demostración do artesán Xosé Manuel Sanín, que protagoniza a segunda das unidades didácticas deste programa de divulgación da artesanía.
A Xunta continúa achegando aos máis novos o eido da artesanía a través do proxecto ‘Artesanía na escola’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe no CEIP Plurilingüe de Silleda na segunda das unidades didácticas deste proxecto que busca achegarlle os oficios artesanais a escolares de primaria. Eu son artesán de percusión tradicional amosa, a través da figura de Xosé Manuel Sanín, a historia dun dos instrumentos tradicionais de Galicia, a pandeireta.