Novas

A Xunta celebra na Coruña os Días Europeos da Artesanía a través da iniciativa 'Oficios en acción'

05/04/2025

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta tarde na Coruña a iniciativa Oficios en acción impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta, para conmemorar os Días Europeos da Artesanía 2025. Ao longo de toda a xornada estanse a desenvolver obradoiros de iniciación en diferentes técnicas no Centro Ágora da Coruña co obxectivo de achegar á sociedade os oficios artesanais e contribuír á posta en valor do traballo dos artesáns e artesás e do produto feito á man.

A Xunta apoia a divulgación da olería tradicional de Niñodaguia con motivo dos Días Europeos da Artesanía

05/04/2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ata a localidade de Niñodaguia, onde se está a desenvolver a V Fornada Tradicional de Niñodaguia nos antigos fornos de pedra, unha actividade apoiada pola Xunta con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía.

A Xunta celebra en Santiago de Compostela os Días Europeos da Artesanía 2025

04/04/2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta tarde ata a rúa de San Pedro en Santiago de Compostela, para visitar as actividades organizadas polos obradoiros de xoiería de Kinga Haudek, Brigantia Orfebres e Noga Arts, así como o obradoiro de coiro El taller de Fer, que abren ao público os seus espazos para celebrar os Días Europeos da Artesanía.

A Xunta apoia en Ourense a celebración dos Días Europeos da Artesanía 2025

04/04/2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse hoxe á tenda Amodo, en Ourense, para visitar as actividades de divulgación de ofici

A Xunta investirá 320 M€ no impulso do comercio local contemplando medidas pioneiras de revitalización como ‘Vilas Vivas’, ‘Prato de mercado’ e ’Localízate’

03/04/2025

Esta ambiciosa folla de ruta recolle máis de 70 actuacións para potenciar e incrementar a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector fundamental para a economía da Comunidade, que xera 107.000 empregos. O conselleiro salientou que a aprobación e posta en marcha deste Plan é un paso decisivo para construír unha Galicia con máis oportunidades para o comercio, motor de cohesión social, de identidade e de dinamización do territorio

Puxo en valor que a colaboración público-privada é clave para afrontar os retos presentes e futuros e agradeceu a todos os axentes do sector, representados tamén na xornada de hoxe, a súa participación activa no proceso de elaboración da estratexia. Destacou outras actuacións singulares, como a creación dunha gran marca do comercio galego ou o impulso de accións dirixidas á mocidade, como as bolsas de aprendices complementarias ao programa Aprender da tradición. Co obxectivo de fomentar a remuda e promover novas iniciativas se sustenten en plans de negocio ben cimentados, sinalou a importancia de tecer sinerxías con outras medidas en marcha como a Rede de polos de emprendemento.