Novas

A Xunta pon en valor o compromiso do obradoiro Logaro co futuro da artesanía téxtil e a preservación das materias primas autóctonas galegas

14/06/2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe en Ourense o taller de deseño téxtil impulsado pola artesá Lola García

José González puxo en valor que a creadora, que nos últimos anos está volcada fundamentalmente no eido do deseño, recolle o legado de diversas técnicas téxtiles, algunhas en desuso, cunha gran aposta pola creatividade e a vangarda

Destacou pezas icónicas deste obradoiro coma ‘Orixe’, un xersei elaborado con la de raza de ovella galega pola que foi finalista nos Premios Artesanía de Galicia 2023. Neste eido, destaca tamén o seu labor a prol da reactivación da producción local desta fibra autóctona impulsando o evento Paseo da La, que conta co apoio da Xunta e cuxo obxectivo é dar a coñecer os oficios vinculados á súa produción artesanal. José González agradeceu tamén o seu traballo divulgador, clave para a remuda xeracional, e a súa colaboración coa Fundación Artesanía de Galicia como docente en eventos como o Corazón da Artesanía da Agolada e Artesanía no Courel. A Xunta mantén un firme compromiso con este sector que se seguirá potenciando a través do vixente4 Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030 que reforzará, entre outras medidas, a continuidade do programa pioneiro ‘Aprender da tradición’.

A Xunta impulsa a formación e a divulgación dos oficios artesanais no encontro Corazón da Artesanía de Agolada

12/06/2025

A Fundación Artesanía de Galicia convoca sete cursos centrados na estampaxe manual, na pasamanería, no coiro, na decoración de olería, na elaboración dun tapiz con redes de pesca e no debuxo. A iniciativa forma parte da programación do XII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que terá lugar nos Pendellos de Agolada os días 4, 5 e 6 de xullo. Na programación do evento inclúense tamén seis obradoiros gratuítos e abertos a todos os públicos sobre bordado, forxa, papiroflexia, elaboración de figuras de miga de pan, tecido e torno cerámico.

A Xunta reforza a aposta pola atracción de talento mozo e a remuda xeracional na artesanía no marco do Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030

11/06/2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou hoxe en Santiago ao alumnado do "Curso de sombreirería artesanal" impartido polo artesán da marca Félix de Martín. José González destacou o carácter pioneiro da formación integral impartida polo artesán Félix Pérez -da marca Félix de Martín-, que é a primeira en Galicia e a única a nivel institucional realizada en España grazas á Fundación Artesanía de Galicia. Subliñou que o curso de sombreirería responde ao interese crecente nesta actividade, impártese na academia de Ana Prados e enmárcase no programa pioneiro "Aprender da tradición. Oficios e técnicas", que promove a profesionalización no sector artesán. Salientou a profesionalidade de Félix Pérez, un dos sombreireiros máis recoñecidos de España e o responsable de impartir formación de sombreirería na comunidade galega nos últimos anos favorecendo a incorporación de novos talentos.

A Xunta amosálle a escolares de primaria da provincia de Lugo o oficio da elaboración de zocos a través do proxecto ´Artesanía na Escola´

10/06/2025

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata o CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López, de Sarria, e ata o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda nunha nova xornada do programa. Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019, é a protagonista desta unidade didáctica da iniciativa, na que se busca divulgar os oficios artesanais entre a mocidade.

A Xunta achégalle a escolares de Vigo unha nova unidade didáctica do seu proxecto 'Artesanía na Escola'

09/06/2025

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata o CEIP Plurilingüe Seis de Nadal para asistir á demostración da zoqueira Elena Ferro, protagonista dunha das unidades didácticas deste programa de divulgación da artesanía.