Novas
A Xunta impulsa en Sarreaus os oficios vinculados á produción artesanal da la
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na inauguración da 3ª edición do Paseo da La. A cita, que cambia este ano de localización á aldea de Couso, reunirá ata o domingo a produtores de la con Denominación de Orixe e profesionais do tinguido, do fiado e do tecido artesanal. Entre a programación do evento celebrarase mañá o Día Internacional de Tecer en Público e un desfile de pezas elaboradas con la entre as que se poderá ver o xersei ‘Orixe’, do obradoiro Logaro, finalista nos Premios Artesanía de Galicia 2023.
A Xunta achégalle aos máis pequenos o oficio dos zoqueiros a través da figura de Elena Ferro
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron esta mañá no CEIP Monte dos Postes de Santiago á primeira das demostracións incluídas no programa ‘Artesanía na Escola‘. Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019, é a protagonista de ‘Eu son zoqueira’, a primeira das unidades didácticas deste proxecto de divulgación da artesanía entre os máis novos impulsado polo Goberno galego.
A Xunta destaca o novo taller de xastrería de Fernando Freire como exemplo de emprendemento artesán e transmisión dun oficio tradicional
O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, destacou o papel da artesanía como xerador de emprego e dinamizador do comercio durante a inauguración deste obradoiro en Santiago. Fernando Freire é docente dun dos cursos de especialización do programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’ impulsado pola Xunta para mellorar a capacitación profesional dos artesáns galegos e garantir a remuda nos oficios tradicionais. Esta iniciativa vinculada á xastrería artesanal é pioneira en España e o obxectivo do Goberno galego é continuar nesta liña para seguir formando futuros xastres.
O obradoiro galego de tornería de madeira de Aitor Martínez recibe o premio ao talento emerxente do Círculo Fortuny
O artesán obtivo o galardón a Joven Promesa na terceira edición dos Premios Maestro Artesano impulsados polo Círculo Fortuny. Aitor Martínez, pertencente á marca Artesanía de Galicia, xa resultara finalista nos Premios Nacionais de Artesanía 2022, na categoría Premio Emprendemento.