Novas
Feijóo presenta o proxecto ¡BUEN CAMINO! para ofrecer da man de Google Arts&Culture 'unha ventá' á singularidade das rutas xacobeas acadando unha nova universalidade
O presidente da Xunta asistiu esta mañá ao acto de presentación desta iniciativa. Resalta que o obxectivo é que a través das 4.750 fotografías e vídeos, dos 105 reportaxes visuais e das visitas virtuais a monumentos icónicos, o visitantes sintan o que sinte un peregrino. Lembra que con este proxecto, dispoñible en 11 idiomas, Galicia dá un paso máis na dixitalización do Camiño, unha viaxe que se iniciou coa posta en marcha da plataforma Smart Camiño e que continuará coa Estratexia Galicia Dixital 2030.
A Xunta apoia a 54 edición do concurso rexional de gaitas de Ponteareas
A Fundación Artesanía de Galicia estará presente nos galardóns do que é o certame galego de gaitas máis antigo, outorgando dous instrumentos elaborados polos obradoiros artesáns Gaitas Gil e Sanín Percusión Tradicional.
A Xunta de Galicia apoia en Xermade a tradición e o futuro do torneado da madeira
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración do XXI Encontro Internacional de Torneiros que se celebra durante toda a fin de semana. Fabeiro destacou a presenza da tradición e a mestría a través do saber facer de Lolo Castro e o deseño contemporáneo de Adrián Pena.
A Xunta promove o traballo de 40 obradoiros da marca Artesanía de Galicia no centro histórico de Compostela
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá o evento ‘Artesanía de Galicia en Compostela’, que se celebra durante toda a fin de semana no claustro de San Martiño Pinario. O evento inclúe durante todo o día demostracións de ourivería e obradoiros gratuítos abertos ao público familiar de iniciación a diferentes oficios tradicionais. O Goberno galego busca con este tipo de eventos de pequeno formato apoiar ao sector artesán na súa adaptación aos novos hábitos de consumo e a novas fórmulas de comercialización, así como achegarlle os oficios tradicionais á sociedade.
A Xunta impulsa esta fin de semana en Santiago de Compostela a comercialización e a divulgación da Artesanía de Galicia
O evento Artesanía de Galicia en Compostela celebrarase o 11 e 12 de setembro en San Martiño Pinario e contará coa participación de preto de 40 artesáns especializados en oficios como a xoiería, a talla de madeira, os xoguetes, a forxa, a estampaxe, o coiro, o tecido artesanal, os complementos de moda, a escultura e o téxtil. A programación inclúe obradoiros gratuítos abertos ao público familiar sobre iniciación á olería, elaboración de figuras de miga de pan, tecido, pintura sobre madeira e palla trenzada. Os ourives Ricardo Rivas e Julio Lado encargaranse de amosarlle ao público as técnicas que fixeron deste oficio un referente da cultura da capital galega .