Novas

A Xunta apoia en Pontevedra a incorporación da Artesanía de Galicia ao traballo dos novos talentos da moda galega

18/11/2021

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou o premio á ‘Colección con maior valor artesanal’, durante o desfile Debut 21, que se celebrou esta tarde no Pazo de Congresos. A Fundación Artesanía de Galicia patrocina ademais dous cursos de formación en bordado ao aire e en traballo con volumes, que se celebraron esta semana como complemento á programación á mostra.

As III Xornadas Artesanía no Prato impulsarán a colaboración do sector coa gastronomía e o deseño

13/11/2021

A Xunta organiza o 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura este encontro dirixido a profesionais da hostalería e da restauración, o comercio e a decoración. Presentaranse produtos de 33 obradoiros artesanais e contarase coa colaboración de chefs galegos como Pepe Solla, Iñaki Bretal, María Varela, Jorge Gago, Moncho Bargo, Javier Freijeiro, Adrián Felípez, Álvaro Villasante e Xoán Crujeiras. A programación inclúe un novo espazo de coloquio arredor do papel da artesanía e do produto de proximidade no ámbito da cociña no que participarán chefs, artesáns e expertos en materia de artesanía.

Galicia acolle a reunión do Observatorio Nacional da Artesanía centrada na formación e na cooperación entre administracións públicas

05/11/2021

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, inaugurou hoxe o encontro no que participan representantes de 11 Comunidades autónomas e membros da Organización de Artesanos de España (OAE).

A Xunta enxalza as vantaxes da construción naval en madeira como unha opción respectuosa co medio ambiente e totalmente sustentable

23/10/2021

A conselleira do Mar participou no acto de inauguración das XI Xornadas de construción naval en madeira 'Un mar de madeira proxectando o futuro'. A titular de Mar salienta que as carpinterías de ribeira producen barcos cunha mínima pegada de carbono e co 100% dos materiais reciclables, o que os converte nunha boa opción para actividades do sector profesional como a industria auxiliar de acuicultura ou a pesca artesanal. Rosa Quintana agradece o labor da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira para dignificar o oficio e velar pola preservación dunhas técnicas construtivas que forman parte da tradición cultural de Galicia. O Executivo galego lembra que está a traballar na elaboración do Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030 no marco dun convenio de colaboración coa Universidade da Coruña e a súa fundación co obxectivo de catalogar o patrimonio marítimo-pesqueiro existente en Galicia e adoptar as medidas oportunas para a súa protección.

Tres empresas de Artesanía de Galicia, entre as finalistas dos Premios Nacionais 2021

11/10/2021

O obradoiro Variopinto (Santiago de Compostela), especializado en bordado, e o de xoiería Rígido (A Coruña) competirán polo Premio Emprendemento, mentres que o compostelán Noroeste Obradoiro opta ao Premio Produto pola súa colección de xoias Línea