Novas

A Xunta leva a Ribeira a exposición de fotografías Enredadas sobre a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas

07/03/2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, visitaron esta mañá a mostra, que estará aberta ao público no Mercado Municipal ata o 17 de marzo como parte do programa de actividades do Concello de Ribeira para celebrar o 8 de marzo. A exposición forma parte dun proxecto de boas prácticas a través do cal se fomenta a formación das redeiras noutros ámbitos e a apertura de novas oportunidades de negocio a través de ámbitos como a moda ou a decoración.

A Xunta destaca o papel do sector artesán galego no impulso do comercio de proximidade compostelán

01/03/2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá tres tendas taller de obradoiros da marca Artesanía de Galicia na rúa de San Pedro.

A Xunta destaca o compostelán Noroeste Obradoiro como exemplo de deseño e innovación nos oficios artesanais

11/02/2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda taller, gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2021 na categoría Produto.

Artesanía de Galicia colabora na elaboración do novo agasallo institucional do Concello de Boiro

04/02/2022

Na presentación participaron a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e a artesá Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019 e encargada de deseñar e elaborar estas pezas promocionais

O obradoiro de xoiería compostelán Noroeste gaña o premio produto nos Premios Nacionais de Artesanía

21/12/2021

A titular desta compañía artesá, Jose Castro, recibe o galardón pola colección ‘Línea’, un conxunto de colares, pulseiras e pendentes en ouro, prata e mixtos. Os talleres Rígido (A Coruña) e Variopinto (Santiago de Compostela) resultaron finalistas no Premio Emprendemento. A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou en Madrid na cerimonia de entrega acompañando ás candidaturas galegas avaladas pola Xunta.