Novas

Os Pendellos de Agolada reuniron esta fin de semana a 6.000 persoas no Corazón da Artesanía

11/07/2022

A Xunta destaca a grande repercusión económica e de promoción que este encontro supón para os artesáns, grazas á visita de prescritores, xornalistas, grandes empresas e tendas especializadas. Nesta novena edición destacou a ampla renovación dos expositores, que superou o 40%, cun total de 18 expositores de Artesanía de Galicia que participaban por primeira vez. O programa deste ano amosou o traballo dun total de 57 artesáns de 27 oficios diferentes, e contou con 31 expositores de produtos gourmet. A iniciativa Artesanía no Prato, coa que se promoven as sinerxías entre Artesanía de Galicia e gastronomía, contou con showcookings de catro prestixiosos cociñeiros galegos.

A Xunta destaca que o Corazón da Artesanía contribúe dende Agolada a difundir, internacionalizar e darlle valor engadido a un sector clave para Galicia

08/07/2022

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá ao acto de inauguración do evento, que se celebrará desde hoxe ata o domingo, 10 de xullo. Anima a achegarse ao encontro para gozar da paixón e o talento dos artesáns e artesás participantes.

O Corazón da Artesanía arranca mañá en Agolada como a grande festa dos oficios, da música e da gastronomía galega

07/07/2022

A Xunta organiza a novena edición do Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, no que se amosarán de venres a domingo, o traballo de 57 artesáns de 27 oficios diferentes, así como o de 31 expositores de produtos gourmet. As actividades de Artesanía no Prato comezan mañá venres con dous showcookings a cociñeira do Grupo Nove, Lucía Freitas, e cunha cata de viños certificados por Galicia Calidade a cargo da enóloga Cristina Murga. O programa bota a andar ás 11:30 horas e rematará a partir das 22:00 coa actuación musical de Aparato DJ Set na Praza do Concello.

Os Pendellos de Agolada prepáranse para a novena edición do ‘Corazón da Artesanía’ esta fin de semana

04/07/2022

Entre o 8 e o 10 de xullo, 42 obradoiros de Artesanía de Galicia de diferentes oficios e unha trintena de expositores de produtos de alimentación participarán nun evento no que se pon en valor a artesanía tradicional galega e a súa interrelación con outras disciplinas como a gastronomía. O Premio Nacional de Artesanía, José Luis Bazán, e as recentemente galardoadas Idoia Cuesta e Jose Castro impartirán diferentes cursos de formación durante toda a fin de semana. A Xunta organiza o Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebra desde o venres 8 ata o domingo 10 de xullo no recinto histórico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). O Encontro, impulsado a través da Fundación Artesanía de Galicia, consolídase en cada edición como un evento de referencia na divulgación e na posta en valor dos oficios artesanais galegos, especialmente naqueles máis tradicionais.

Artesanía de Galicia participa na segunda edición do evento “un mercado en cada porto” que mañá comeza en Poio

02/07/2022

A Xunta colabora na organización de varios mercados de artesanía que se celebrarán nos meses de xullo e agosto en diferentes localidades costeiras de Galicia, dedicado ás mulleres artesás galegas. A primeira das feiras celébrase mañá domingo na praia de Lourido (Poio), en horario de 11:00 a 20:00 horas.